---
title: "MOME, O GATO DA SORTE"
description: "Xa está aquí unha nova aventura para os máis pequenos e pequenas! Mome, o gato da sorte é o título da nova publicación de Dornavela Edicións. Escrito e ilustrado por David Orihuela, esta creación da l..."
url: https://dornavelaedicions.gal/mome-o-gato-da-sorte/
date: 2026-11-12
modified: 2026-11-12
author: "Olalla Vieiro Cancelo"
image: https://dornavelaedicions.gal/wp-content/uploads/2026/11/WhatsApp-Image-2026-11-12-at-19.30.36.jpeg
categories: ["Novas"]
tags: ["David Orihuela", "DORNAVELA EDICIÓNS", "Literatura Infantil", "o gato da sorte"]
type: post
lang: gl
---

# MOME, O GATO DA SORTE

**Xa está aquí unha nova aventura para os máis pequenos e pequenas!**

***Mome, o gato da sorte*** é o título da nova publicación de Dornavela Edicións. Escrito e ilustrado por David Orihuela, esta creación da literatura infantil convida aos nenos e nenas a viaxar ata un bazar oriental e comprender por que os gatos que alí se atopan sempre moven a patiña. Unha historia divertida e ideal para ler en familia antes de durmir ou para dar os primeiros pasos na lectura autónoma.

**Non deixes escapar esta oportunidade: consígueo na nosa páxina.**
