---
title: "BREIXO E O…"
description: "E ese barullo na entrada? Haberá alguén? Non pode ser, meus pais saíron e estou só, sería a tele. Pero... quen está na cociña? E terei que ir mirar! Alá vou... Conto infantil en lingua galega para rap..."
url: https://dornavelaedicions.gal/product/breixo-e-o/
date: 2022-11-09
modified: 2022-11-09
author: "Novido"
image: https://dornavelaedicions.gal/wp-content/uploads/2022/11/breixo_e-1-scaled.jpg
type: product
lang: gl
product_type: simple
price: 15
currency: EUR
availability: instock
---

# BREIXO E O…

E ese barullo na entrada? Haberá alguén? Non pode ser, meus pais saíron e estou só, sería a tele. Pero… quen está na cociña? E terei que ir mirar! Alá vou…

Conto infantil en lingua galega para rapaces e rapazas de 6 anos en diante.

Leva unha folla final de actividades, propostas e contidos para as familias e educadores para optimizar o libro como recurso educativo e lúdico.
