---
title: "GALICIA MITICA"
description: "Meigas, mouras, tardos, nubeiros, lamias, urcos, pupieiriñas... son parte das personaxes que poboan o noso rico patrimonio cultural de seres mitolóxicos, seres que forman parte da nosa vida, da vida d..."
url: https://dornavelaedicions.gal/product/galicia-mitica/
date: 2022-11-09
modified: 2026-10-03
author: "Novido"
image: https://dornavelaedicions.gal/wp-content/uploads/2022/11/MItogali.png
type: product
lang: gl
product_type: simple
price: 35
currency: EUR
availability: instock
---

# GALICIA MITICA

Meigas, mouras, tardos, nubeiros, lamias, urcos, pupieiriñas… son parte das personaxes que poboan o noso rico patrimonio cultural de seres mitolóxicos, seres que forman parte da nosa vida, da vida dos nosos avós e avoas, seres aos que coñecemos grazas aos contos de vellos e vellas ao pé das lareiras, seres que pouco a pouco se están a perder na memoria colectiva, que pouco a pouco imos esquecendo por descoñecemento.

Con idea de que isto non suceda é polo que Dornavela edicións navega entre a memoria do noso pobo para recuperar a estes seres mitolóxicos en dous formatos: un xogo de rol onde cada personaxe tes asignada unha carta coas súas características e habilidades especiais e un ficheiro  complementario onde poder coñecer máis a fondo a cada unha delas, coas súas cousas boas e malas, coas súas rarezas, bondades e maldades.

Se queres coñecer a eses seres que comparten o territorio, a vida, a morte con nós, aquí podes atopalos.

Podes adquirir aquí o ficheiro coas características das 25 personaxes por separado ou mercalo xunto ao xogo de rol.
