---
title: "MITOGALI II"
description: "Segunda parte do xogo de rol enteiramente galego, pola temática, polo creador, polo deseñador, polo maquetador, pola editorial, pola lingua. Novos personaxes, Breogán, Basilisco, Astrólogo de Navín, C..."
url: https://dornavelaedicions.gal/product/mitogali-ii/
date: 2023-04-28
modified: 2026-10-03
author: "Novido"
image: https://dornavelaedicions.gal/wp-content/uploads/2023/04/IMG_20230428_112259-scaled.jpg
type: product
lang: gl
product_type: simple
price: 23
currency: EUR
availability: instock
---

# MITOGALI II

Segunda parte do xogo de rol enteiramente galego, pola temática, polo creador, polo deseñador, polo maquetador, pola editorial, pola lingua.

**Novos personaxes, Breogán, Basilisco, Astrólogo de Navín, Cabalo da Fiaña, Cangrexo da pinza de Ouro, Pepa a Loba, Raíña Lupa**… que latexan en contos e historias e que teñen percorrido ata nós.

Nesta nova proposta achegarémonos a  novos personaxes, moitos deles non tan coñecidos, que agochan abraiantes historias que nunca imaxinaríamos.

Vén con nós nesta nova viaxe pola mitoloxia galega e xoga e goza cos mitos. Unha nova achega que nos deixa a semente para seguir navegando entre historias, lendas e contos. Cantos quedan ainda por descubrir!

Mitogali II, **mantén a dinámica de xogo da primeira parte e presenta novas cartas con novas accións especiais** que nos abren novas posibilidades de xogo.  E  o mellor de todo é que podemos fusionar os dous xogos e facer coincidir o Urco co Cabalo da Fiaña ou a Breogán coa Coca!

Cantas novas posibilidades? Xoguemos!
