---
title: "MITOGALI III"
description: "Presentamos a terceira parte da TRILOXÍA MITOGALI , o xogo de cartas creado por David Orihuela . Esta terceira achega é o peche perfecto para un xogo de mesa no que poderás coñecer as historias máis s..."
url: https://dornavelaedicions.gal/product/mitogali-iii/
date: 2023-10-09
modified: 2026-10-03
author: "Novido"
image: https://dornavelaedicions.gal/wp-content/uploads/2023/10/IMG-20231005-WA0011.jpg
type: product
lang: gl
product_type: simple
price: 23
currency: EUR
availability: instock
---

# MITOGALI III

Presentamos a terceira parte da **TRILOXÍA MITOGALI**, o xogo de cartas creado por **David Orihuela**.

Esta terceira achega é o peche perfecto para un xogo de mesa no que poderás coñecer as historias máis sorprendentes de **25 personaxes mitolóxicos máis**. Coñece o **Estadea, a Xerpa, o Escriban Errante e o Rei Centolo entre outros**.

A mitoloxía está no pasado pero latexa no noso presente!

Esta nova baralla de cartas podemos fusionala con **[Mitogali I](https://dornavelaedicions.gal/product/mitogali/)** e **[Mitogali II](https://dornavelaedicions.gal/product/mitogali-ii/)**, xogos anteriores. **Suman un total de 75 cartas máis unha achega especial de 4 cartas para combinar**. Será fantástico porque hai moitas posibilidades de xogo!
