---
title: "SAMAÍN, A ORIXE"
description: "Chega o día de defuntos e todas e todos saímos á rúa celebrar o Samaín pero... sabemos de onde vén esta celebración? sabemos se a xente coa que nos cruzamos na rúa son persoas disfrazadas ou son verda..."
url: https://dornavelaedicions.gal/product/samain-a-orixe/
date: 2022-11-30
modified: 2024-12-12
author: "Novido"
image: https://dornavelaedicions.gal/wp-content/uploads/2022/11/SAMAIN-A-ORIXE.png
type: product
lang: gl
product_type: simple
price: 25
currency: EUR
availability: instock
---

# SAMAÍN, A ORIXE

Chega o día de defuntos e todas e todos saímos á rúa celebrar o Samaín pero… sabemos de onde vén esta celebración? sabemos se a xente coa que nos cruzamos na rúa son persoas disfrazadas ou son verdadeiros monstros? sabemos por que, cando e como se conectaron para sempre os dous mundos?

Neste libro vas descubrir como unha pantasma moi curiosa e unha nena con moitas inquedanzas chegaron a coincidir no medio dun monte e como se uniron para xuntar o mundo dos vivos co mundo soterrado.

Conto infantil en lingua galega para rapaces e rapazas a partir de 5 anos de idade

Leva unha folla final de actividades, propostas e contidos para as familias e educadores para optimizar o libro como recurso educativo e lúdico.
