Acerca de nós
Dornavela edicións nace para navegar en mares de ideas e de libros, de moitos e moitos libros que abren as súas páxinas seguindo o movemento das ondas, nace para navegar sós ou en compañía, nun mar calmo ou ca maior das galernas, onde compartir a experiencia da lectura
Dornavela xurde das inquedanzas de tres persoas vinculadas ao tempo libre, aos contos e historias das nosas avoas e dos nosos avós, aos contos e historias da nosa rapazada, unha editorial na que todas e todos temos cabida, unha editorial á que nos gusta definir como colaborativa pois medra coas vosas aportacións.
E como a familia medra, e as nosas inquedanzas medran coa familia, a editorial non se move só entre libros, senón entre todas as posibles actividades vinculadas a eles, promovendo a lectura entre nenos, mozos e maiores, contando contos, historias e lendas alá onde haxa ouvidos que nos queiran escoitar, xogando coas personaxes da literatura infantil e xuvenil en bibliotecas, colexios, eventos pùblicos…