Chega o día de defuntos e todas e todos saímos á rúa celebrar o Samaín pero… sabemos de onde vén esta celebración? sabemos se a xente coa que nos cruzamos na rúa son persoas disfrazadas ou son verdadeiros monstros? sabemos por que, cando e como se conectaron para sempre os dous mundos?
Neste libro vas descubrir como unha pantasma moi curiosa e unha nena con moitas inquedanzas chegaron a coincidir no medio dun monte e como se uniron para xuntar o mundo dos vivos co mundo soterrado.
Conto infantil en lingua galega para rapaces e rapazas a partir de 5 anos de idade.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.