Dornavela Edicións

,

MITOGALI II

20.00

Segunda parte do xogo de rol enteiramente galego, pola temática, polo creador, polo deseñador, polo maquetador, pola editorial, pola lingua.

Novos personaxes, Breogán, Basilisco, Astrólogo de Navín, Cabalo da Fiaña, Cangrexo da pinza de Ouro, Pepa a Loba, Raíña Lupa… que latexan en contos e historias e que teñen percorrido ata nós.

Nesta nova proposta achegarémonos a  novos personaxes, moitos deles non tan coñecidos, que agochan abraiantes historias que nunca imaxinaríamos.

Vén con nós nesta nova viaxe pola mitoloxia galega e xoga e goza cos mitos. Unha nova achega que nos deixa a semente para seguir navegando entre historias, lendas e contos. Cantos quedan ainda por descubrir!

Mitogali II, mantén a dinámica de xogo da primeira parte e presenta novas cartas con novas accións especiais que nos abren novas posibilidades de xogo.  E  o mellor de todo é que podemos fusionar os dous xogos e facer coincidir o Urco co Cabalo da Fiaña ou a Breogán coa Coca!

Cantas novas posibilidades? Xoguemos!

Dimensións 17 × 10 cm
Formato

Xogo de rol con 30 cartas impresas en 4/1T en papel conqueror corteaur blanco de 300 grs de formato 17 x 10 cm. Son 25 cartas de personaxes e 5 comodíns cun xogo de dúas instruccións, 60 fichas en papel conqueror corteaur e un dado. Todo elo nun saquiño en tea tradicional cunha faixa de papel conqueror corteaur con información e logos apertando o saco.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.

Tamén che recomendamos…