Dornavela Edicións

,

MITOGALI

23.00

Primeiro xogo de rol enteiramente galego, pola temática, polo creador, polo deseñador, polo maquetador, pola editorial, pola lingua.

Meigas, mouras, tardos, nubeiros, lamias, urcos, pupieiriñas… son parte das personaxes que poboan o noso rico patrimonio cultural de seres mitolóxicos, seres que forman parte da nosa vida, da vida dos nosos avós e avoas, seres aos que coñecemos grazas aos contos de vellos e vellas ao pé das lareiras, seres que pouco a pouco se están a perder na memoria colectiva, que pouco a pouco imos esquecendo por descoñecemento.

Con idea de que isto non suceda é polo que Dornavela edicións navega entre a memoria do noso pobo para recuperar a estes seres mitolóxicos en dous formatos: un xogo de rol onde cada personaxe tes asignada unha carta coas súas características e habilidades especiais e un ficheiro  complementario onde poder coñecer máis a fondo a cada unha delas, coas súas cousas boas e malas, coas súas rarezas, bondades e maldades.

Se queres coñecer a eses seres que comparten o territorio, a vida, a morte con nós, aquí podes atopalos.

Podes adquirir aquí o xogo de rol por separado ou mercalo xunto ao ficheiro coas características das 25 personaxes.

 

Dimensións 17 × 10 cm
Formato

Xogo de rol con 30 cartas impresas en 4/1T en papel conqueror corteaur blanco de 300 grs de formato 17 x 10 cm. Son 25 cartas de personaxes e 5 comodíns cun xogo de dúas instruccións, 60 fichas en papel conqueror corteaur e un dado. Todo elo nun saquiño en tea tradicional cunha faixa de papel conqueror corteaur con información e logos apertando o saco.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.

Tamén che recomendamos…