Dornavela Edicións

SAMAÍN, A ORIXE

25.00

Categoría: Etiqueta:

Chega o día de defuntos e todas e todos saímos á rúa celebrar o Samaín pero… sabemos de onde vén esta celebración? sabemos se a xente coa que nos cruzamos na rúa son persoas disfrazadas ou son verdadeiros monstros? sabemos por que, cando e como se conectaron para sempre os dous mundos?

Neste libro vas descubrir como unha pantasma moi curiosa e unha nena con moitas inquedanzas chegaron a coincidir no medio dun monte e como se uniron para xuntar o mundo dos vivos co mundo soterrado.

Conto infantil en lingua galega para rapaces e rapazas a partir de 5 anos de idade

Leva unha folla final de actividades, propostas e contidos para as familias e educadores para optimizar o libro como recurso educativo e lúdico.

Dimensións 42 × 29 × 0.5 cm
ASPECTO

Libro de tamaño A3 apaisado de 24 páxinas impresas a 4/4 en papel estucado mate de 150 grs máis cuberta impresa en 4/4 tintas en papel estucado mate de 350 grs e grapados a cabalete.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.