Para contribuír á maxia do Nadal, Dornavela Edicións crea o I Concurso de Relatos Breves de esta festividade chamado HISTORIA DUNHA ÁRBORE. Para participar é moi sinxelo, hai que escoller un dos adornos da árbore que puxemos na casa e contar unha historia relacionada co mesmo. O relato debe cumprir as seguintes bases.
PARTICIPANTES
O concurso diríxese ó público infantil, xuvenil e adulto. Para iso creamos tres categorías: categoría infantil: de 3 a 10 anos (as nenas e nenos que non saiban escribir poden ter axuda por parte da familia ou da mestra/ mestre); categoría xuvenil: de 11 a 17 anos; e categoría adulta: de 18 anos en diante.Cada participante pode presentar un máximo de dúas obras.
Cada participante pode presentar un máximo de dúas obras.
OBRAS:
– A temática das obras presentadas terá relación con un dos adornos da propia árbore de Nadal.
– As obras deberán ser orixinais e inéditas.
– O idioma empregado será o galego.
– A entrega da obra farase en formato dixital a través do correo electrónico correo@dornavelaedicions.gal
– A extensión da obra terá un máximo de 1 folla coas seguintes características: tipo de letra, Arial 12; interliñado de 1,5; marxes de 2,5cm.
– O relato debe conter o título e o nome da persoa participante.
– Cada obra achegará a foto ou a ilustración do adorno no que está baseado a historia.
– Tamén se achegará un documento cos datos persoais: nome completo, DNI, teléfono de contacto, enderezo electrónico e título da obra.
O prazo de presentación de relatos comeza o 1 de novembro e finaliza o 3 de decembro (ambos incluídos).
XURADO:
– A selección dos relatos gañadores será realizada polas coordinadoras e coordinadores de Dornavela Edicións.
– Estas persoas non poderán presentarse ó concurso.
– Os coordinadores poderán declarar deserto o premio por non cumprir as condicións establecidas das bases.
– Os coordinadores resolverán as incidencias que se poidan ocasionar ao longo da convocatoria con obxectividade e transparencia. Ademais, comprométense a non difundir, transmitir ou revelar a terceiras persoas calquera información en interese en relación cos proxectos presentados.
CRITERIOS DE VALORACIÓN: a selección dos relatos levarase a cabo conforme ós principios de transparencia, obxectividade, igualdade, coherencia e non discriminación. Os criterios de valoración serán os seguintes: orixinalidade dos relatos, o uso correcto e rico da linguaxe, e a calidade narrativa.
PROCEDEMENTO DA SELECCIÓN E RESOLUCIÓN: as/os gañadoras/es anunciaranse o 18 de decembro por coreo electrónico, Facebook e Instagram. O premio entregarase de forma presencial (data por concretar).
OBSEQUIO: O premio será unha cesta de Nadal que contén obras literarias de Dornavela Edicións e produtos gastronómicos. Tamén se fará a entrega de un diploma acreditativo. As 5 mellores obras de cada categoría, que cumpran coas normas establecidas, recolleranse dentro de un libro EDITADO POR Dornavela Edicións que levará por título HISTORIA DUNHA ÁRBORE.