Dornavela Edicións

GALICIA MITICA

35.00

Categoría: Etiqueta:

Meigas, mouras, tardos, nubeiros, lamias, urcos, pupieiriñas… son parte das personaxes que poboan o noso rico patrimonio cultural de seres mitolóxicos, seres que forman parte da nosa vida, da vida dos nosos avós e avoas, seres aos que coñecemos grazas aos contos de vellos e vellas ao pé das lareiras, seres que pouco a pouco se están a perder na memoria colectiva, que pouco a pouco imos esquecendo por descoñecemento.

Con idea de que isto non suceda é polo que Dornavela edicións navega entre a memoria do noso pobo para recuperar a estes seres mitolóxicos en dous formatos: un xogo de rol onde cada personaxe tes asignada unha carta coas súas características e habilidades especiais e un ficheiro  complementario onde poder coñecer máis a fondo a cada unha delas, coas súas cousas boas e malas, coas súas rarezas, bondades e maldades.

Se queres coñecer a eses seres que comparten o territorio, a vida, a morte con nós, aquí podes atopalos.

Podes adquirir aquí o ficheiro coas características das 25 personaxes por separado ou mercalo xunto ao xogo de rol.

Dimensións 46 × 30 × 2 cm
Formato

Carpeta impresa 4/4T en papel conqueror corteaur de 300 grs aberta coa medida de 46 x 30 cm, con pecho de abalorio de madeira tradicional con cordón.
No interior 24 fichas A4 máis unha ficha A3 impresas en papel estucado mate de 200 grs.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.

Tamén che recomendamos…